Xogos coas TIC na aula

 Este trimestre integramos unha nova maneira de repasar contidos antes das probas de avaliación. É moi divertido, xogamos ao Kahoot aproveitando as tablets que temos no cole de Digicraft. 

Son preguntas curtas de verdadeiro ou falso, cada participante pon o seu nome e escolle un Abatar, cando todos e todas estamos preparados e preparadas comeza o xogo. 

Temos tempo para responder cada pregunta polo que hai que ser rápidos/as contestando, iremos subindo de puntos cos acertos ata poder chegar ao podio. 



Comentarios