INNOVACIÓN E IMAXINACIÓN

O noso centro participa no programa CPInnova polo que temos a sorte de gozar de material innovador e darlle uso para divertirnos  e aprender dándolle renda solta á nosa imaxinación. 

Nun día solleiro de primavera, á primeira hora da mañá que temos máis esperta a mente ímoslle dar uso a todo o material que nos aportou o programa para realizar, no patio do centro, "provocacións".

Que son as provocacións? Son invitacións ou suxerencias que espertan interese por explorar, usar materiais e xogar partido da curiosidade e do desexo. 

Como as levamos a cabo? A mestra fixo unha breve creación con algún material aportado e outro recollido da natureza para semellar unha paisaxe natural, a partir da análise desta provocación o alumnado organizouse para seguir empregando o material restante modificando e ampliando dita paisaxe.

Quedou un resultado espectacular no que engadiron pequenos detalles convertindo a provocación inicial nunha cidade con un gran zoolóxico, estradas, vehículos, campo de fútbol...

Francesco Tonucci "Un bo xoguete é aquel que, sen ser nada en concreto, poder ser todo"













Comentarios