Coas mans na masa

En 1º e 2º saboreamos os coñecementos polo que consideramos que saír da aula e dotar de significatividade a aprendizaxe é unha parte fundamental do proceso educativo. 
Neste 1º trimestre debemos escribir unha receita pero isto non se vai quedar no papel, vai ir á mesa. 
Con tal fin a titora escolleu unha receita de galletas para facelas na cociña do centro entre todos e todas, así tamén aprendemos novas normas de chefs expertos/as e maneiras de traballar cooperativamente. 

Amasar e facerlle formas as galletas é unha das partes favoritas desta actividade pero así foito máis motivante completar a nosa propia receita en papel. 
Por último, tras ver a súa espectacular apariencia saboreámolas. 

Temos que darlle as grazas á cociñeira e á directora do centro, sen a súa colaboración non sería posible facer esta actividade tan rica e divertida. 









Comentarios