Aprendizaxe multidisciplinar e en equipo

Na área de ciencias tratamos as estacións do ano, na de matemáticas o calendario e na de lingua os meses do ano polo tanto... que mellor ca unir todo para comprender o seu sentido dun xeito global?

Primeiro traballamos por separado cada un dos contidos mencionados, coñecemos diferentes tipos de calendario... buscamos o noso cumple no calendario, as festas de Nadal, o entroido, etc. Logo lembramos as estacións  do ano e miramos cando comeza e remata cada unha no ordenador. Ademais, fixemos un repaso dos meses do ano e aprendemos a saber cantos días ten cada mes co truco das articulacións do puño. 
O resultado foi que aprendemos moito interdisciplinarmente e por iso decidimos traballar en equipo para elaborar un mural artístico das 4 estacións do ano. Así representamos artísticamente e sintetizamos a información recollida durante as diferentes sesións. 
Tod@as xunt@s mellor!



Comentarios